Mostrando entradas con la etiqueta echo and the bunnymen. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta echo and the bunnymen. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de septiembre de 2010

o fracaso da entrada de balde



*
escribo desde Madrid o domingo 26 sobre o

5 de setembro de 2010 (Santiago)


fin de semana redondo: aquel venres Marky ramone, o sábado cine e o domingo comezaba cun paseo por o casco vello e un martini nunha terraza con clase de galinglish included. // xantamos na casa e cando iamos polo porto da sobremesa recibimos un s.o.s. para salvagardar a integridade dun amigo pero non estabamos preocupados (mesmo si a prensa aterrorizaba a todo aquel que quixera achegarse ao concerto instándolle a que chegara ás 4 da tarde...) non se vía xente contraperegrina //
mtv galicia xacobeo // imos andando ata o monte do gozo
de camiño atopamos a marcos (o ruso de la fiesta de los maniquíes, fisio, xogador de baloncesto e radio-activo), a mahía, xornalista, productor e guionista zopilote, a andrés reixa (que non se perde un so concerto que pague a pena),
jaime o cámara* (as primeiras fotos nas que salgo eu sacounas el) e ricardo de barreiros (actor)
que finalmente decide vir... beautiful people under the stars... é que o cartace era do máis interesante e aínda que os litros no interior custasen 9 € na barra e 10 dos mochilamen a entrada por riba era de balde: Cornelius 1960, a fresca banda dos de Vilagarcía (chámame a atención o tema "Extermination Angels", un pouco máis salvaxe do que penso que adoitan a facer)
The Temper Trap, e o seu son -que eu diría tranqui alternativo-

Echo & the bunnymen e Arcade Fire... aos echo gustaríalles tocar unha con Arcade Fire
por que non llo pides?, pregunta o presentador e o cantante responde: "porque eles son unhas rock'n'roll stars pero eu son unha lenda, que mo pidan a min"
tiña ganas de velos en directo despois de escoitar o seu primeiro disco Funeral (2004) hai uns anos e altas expectativas pero non podo máis que recoñecer que o de Arcade foi todo un señor concerto: ver aos músicos disfrutando
trocando instrumentos (agás as violinistas)
e brincado dun lado ao outro do escenario... fixéronme bailar, cantar e abrazar//
o único chusco foron as cintas "cariocas" (puag!) pero que mesmo se lle permiten porque a mellor sen dúbida era a acordeonista (e baterista, e teclista, e vocal), a luz de toda a banda...
incrible que non estivera cheo... // a única vez que estivera antes fora no concerto de Springsteen e alí non cabía mosca // é normal que se lle chame o monte do gozo --polo menos musical-- (mesmo si cheira a porco de cando en vez) ///