jueves, 7 de octubre de 2010

SCARPE DIEM, footloose ou as verdades da miña nai

miña nai é desas persoas que teñen verdades irrevocables, vaticinios do tipo "vas caer" porque sempre foi algo visionaria. seica debería dicir "vangardista". segundo a miña nai non importa sufrir porque é máis importante ir mona, cousa que, honestamente, nunca entendín, coma o de ir facendo equilibrios para non esnafrarse dende uns estiletos, que che doan os pinréis ou terse que erguer dúas horas antes para a dose de maquillaxe e perruquería. ó mellor é porque son actriz e considéroo parte do traballo e penso que é máis importante estar cómoda, que a beleza está no interior e que xa abonda cos martirios da vida como para que sexamos víctimas da moda (mentiiiiiiira!!!).

(este sería máis o seu rollo)

confeso que non sei canto teño de pose nisto, porque recoñezo que cando me viste a miña nai todo o mundo vira a cabeza para me mirar e unha se sinte inevitablemente fermosa. e ademáis son das que lle gusta prestar o armario e vestir ás amigas e falar do que se leva mesmo si eu mo paso polo forro tuneándoo ou dándolle o meu "puntiño" (como diría ela).

(este sería máis o meu)

miña nai, como dicía ao principio, é desas persoas que din verdades irrevocables, e últimamente adoita repetir: "canto máis baixa o cu, máis alto sube o tacón", xeito de dicirme sutilmente que non deixe de facer deporte se non quero ter que subirme aos seus tacóns "flagelantes". o certo é que a tía ten un gusto envidiable e unha capacidade de sacrificio total. si non tal pensara non podería afirmar que é unha tenda de moda "de pies a cabeza". menos mal que agora xa sabe mercar zapatos que non fan dano ningún! e que sorte que teñamos case o mesmo número!



SCARPE DIEM Uruguay 5, Vigo (as zapatillas grises en pel de luva da marca ASH son da tenda)

No hay comentarios:

Publicar un comentario