lunes, 11 de octubre de 2010

III FESTIVAL INTERNACIONAL de PERFOPOESÍA de SEVILLA

arranca o III festival internacional de perfopoesía de Sevilla e as rúas da cidade do "pejkaíto" fritido, a manzanilla e a "feria" vaise encher esta semana (11-17) de perfopys e poetas! si, si, de poetas e performers ou perfopoetas (unha raza rara rara e perigosa; pero non en extinción sinon en auxe!!!). xunta eses pelandruscos participará esta servidora (blogger Vuk. a culpa de todo a teñen a blogger Mezquita e Antonio Villarán, que organizan esta tolería padre! ai, canto hay que agradecerlles propostas como estas!!!venres 15 ás 20h30 [combatendo ao mesmo tempo contra a pegada de poemas no monumento ao arte flamenco (está jodida la cosa...)] fago o meu Perfo-recital: Playtime, para o que contei coa inestimable axuda na organización da montaxe de Alfonso Rivera "Wanda".

jueves, 7 de octubre de 2010

SCARPE DIEM, footloose ou as verdades da miña nai

miña nai é desas persoas que teñen verdades irrevocables, vaticinios do tipo "vas caer" porque sempre foi algo visionaria. seica debería dicir "vangardista". segundo a miña nai non importa sufrir porque é máis importante ir mona, cousa que, honestamente, nunca entendín, coma o de ir facendo equilibrios para non esnafrarse dende uns estiletos, que che doan os pinréis ou terse que erguer dúas horas antes para a dose de maquillaxe e perruquería. ó mellor é porque son actriz e considéroo parte do traballo e penso que é máis importante estar cómoda, que a beleza está no interior e que xa abonda cos martirios da vida como para que sexamos víctimas da moda (mentiiiiiiira!!!).

(este sería máis o seu rollo)

confeso que non sei canto teño de pose nisto, porque recoñezo que cando me viste a miña nai todo o mundo vira a cabeza para me mirar e unha se sinte inevitablemente fermosa. e ademáis son das que lle gusta prestar o armario e vestir ás amigas e falar do que se leva mesmo si eu mo paso polo forro tuneándoo ou dándolle o meu "puntiño" (como diría ela).

(este sería máis o meu)

miña nai, como dicía ao principio, é desas persoas que din verdades irrevocables, e últimamente adoita repetir: "canto máis baixa o cu, máis alto sube o tacón", xeito de dicirme sutilmente que non deixe de facer deporte se non quero ter que subirme aos seus tacóns "flagelantes". o certo é que a tía ten un gusto envidiable e unha capacidade de sacrificio total. si non tal pensara non podería afirmar que é unha tenda de moda "de pies a cabeza". menos mal que agora xa sabe mercar zapatos que non fan dano ningún! e que sorte que teñamos case o mesmo número!



SCARPE DIEM Uruguay 5, Vigo (as zapatillas grises en pel de luva da marca ASH son da tenda)

martes, 5 de octubre de 2010

Mitos confirmados e cuestionados

recordaba hai un intre este pasado verán e a morea de bandas míticas das que puiden disfrutar até esta mesma finde e pensaba que sempre fora das que mesmo si unha rock'n'roll star (coma cantaría loquillo, sublime no seu concerto na Coruña) pode non ter sentido musical o que non lle pode faltar é a actitude, nembargantes puiden comprobar con todos estes concertos que estaba totalmente equivocada porque é necesario cumplir con tódolos requisitos: coñecemento, arte, humildade e actitude. claro exemplo é o da raíña no punk que tocaba no parque de castrelos, baixo as estrelas, nunca noite coma poucas, o 18 de xullo de 2010. Patti Smith, é a mellor representación de todos eses puntos dos que falaba, comezando polo saúdo "boas noites, Galicia" (empregando a língua mater do lugar de acollida), seguindo pola dedicatoria ao dramaturgo vidal bolaño (é dicir, coñece a realidade e os referentes culturáis do lugar no que toca) e a lembranza aos pais e avós que viviron a desgracia que comezou no 36 (sabe da historia e fai un enlace actual có pasado)... viaxando polas súas cancións, verdadeiros himnos que pasan o tempo sen perder un ápice de lirismo nin mensaxe, e rematando coa súa baixada de escaleiras para darlle a súa púa a un neno que non entendía a magnitude do xesto... comprendedes o que quero dicir? ela é un mito INCUESTIONABLE.
*
dese agarimo e desa mostra de savoir faire tería que aprender Ben Harper, que mesmo si o mozo é ben guapo e lle queda ben o mostacho (porque Patti podería depilarse...) o rapaz non sabe comportarse. ten que saber, ou máis ben alguén de produción deberíallo dicir, que a Galicia bi-tri-lingüe da que se anda a falar non existe como tal, que xa lle abonda con ser unha sociedade diglósica e que por moito que un sexa un magnífico cantante a música si é unha linguaxe universal mais non así o inglés. Ben tocaba na praza da Quintana e non entendeu que aquí cando á xente lle gusta o que fas non pode calar e pita e silba e se emociona mais nunca o fai en silencio. pódenos dicir que a música é o contido da alma que nós diremos oeeeeee ou pode chamarnos parvos que tamén berraremos oooeeeeee pero o que é certo é que cando fale non imos calar! nun momento Harper dixo: "you don't know how hard it is to play music with you guys all the time clicking and yelling!" moi moscado, de feito, indignado diría eu, e logo de facer unhas birguerías coa súa guitarra dixo: "can't you shut up?" e ao rematar a peza marchou... logo volveu pedindo desculpas a alguén entre o público e excusando que un artista non debe perder a calma. ai, Ben, ven aquí que che vou contar unha cousa... non te vou perdoar que non tocaras esa canción que tanto me gusta que fixeras xunta Vanessa da Mata. Iso mesmo che digo eu: Boa sorte / Good luck! tes que deixar os canutos que che mudan o temperamento...
*
expectativas tampouco cumpridas foron as de Os mutantes no VIGO TRANSFORMA mesmo si eles dan espectáculo teño a sensación de que están desfasados, con esas capas futúrico-chamánicas, con ese rock progresivo tan pasado... dan arte e disciplina e divertimento pero... seica penso que terían que modernizarse; Andrés da Reixa e máis eu discutiríamolo. Pero pasoume igual co Marky Ramone que mesmo si son moito máis do meu pao tiven unha sensación rara. na tenda firmou até os discos nos que el non tocara -movemento que o dignifica- pero o concerto na Capitol de Santiago foi coma poñer un disco na túa casa co volume un pouco máis alto ou un dvd de concertos a tope en pantalla xigante. entraba, o cantante (só cantaba logo ficaba) detrás caladiño coma unha puta,e dicía: "good night, thank you for comming. now we're gonna play some songs we hope you enjoy" sentaba na batería, o baixo berraba -e tocaba- con actitude (iso si, moitísima actitude) one two three four e comezaba a cadea de cancións sen parar. dous bises e hala, clin clin cazo! atención; pregunta: por moito ramone que un sexa, non se pode crear unha canción nova? caramba, que xa levamos anos vivindo das rentas!!! de feito que o penso e mesmo si todos sabiamos os hits penso que o público alucinou cos teloneiros: Os cadáveras un grupo de pontevedra (con forte relación cos Tumbitas), composto exclusivamente por guitarra e batería (para que máis?!!!)con garra rock rockabilly e estribillos pegadizos. penso que todos lles dixemos que estiveron mellor ca os "markyramones" e iso pode ser perigoso se mudan a súa actitude de xogo-a-star pola equivocada de ego-star.
*
este 1 de octubro os Interpol tocaron na capitol, concerto ao que fun á última hora e por sorpresa. tiña moitas ganas de velos en concerto, pero foron desas bandas das que disfruto máis do disco de estudio que do seu directo. Andrés fixo que mo discutiría tamén. e por iso tampouco discutirei sobre o concerto de 3 de agosto de Motörhead e do señor killmister, que mesmo si encheu o pavillón das travesas, a min non me encheu de emoción agás o bis que nos achegamos ata o "meollo" do concerto. penso que un concerto destas características non se pode vivir de lonxe sinon metida entre a suor dos jevis e os golpetazos dos seus pelos e arriscando mollarte cun litro de cervexa. de tódolos xeitos confeso que foi un cd dos Motörhead o único que merquei e regalei porque non me gustaban. o batera foi o crack do concerto coa súa lanzada de baquetas ao aire.
*
non falarei máis de Leonard Cohen (con esa voz aguardentosa que co tempo xa non precisa de réber) porque xa dixen que aparte dos 30 minutos de concerto que sobraron (xa era ben tarde e non podiamos estar de pé) para mín foi outro exemplo de mito confirmado igual que este novo contemporáneo no que se están a converter os Arcade Fire: mostra de humildade, divertimento e coñecemento musical, que mesmo si non ofertan un novisísimo son; si nos agasallan cun moi bo espectáculo.